Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2016 pola que se anuncia a contratación do servizo consistente no desenvolvemento, configuración, instalación e xestión permanente de novos módulos da enquisa de poboación activa (EPA), mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Cixtec.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Correo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2017-002A.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento, configuración, instalación e xestión permanente de novos módulos da enquisa de poboación activa (EPA), mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: doce (12) meses desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: si; como máximo polo tempo de duración do contrato inicial.

f) CPV: 72212000-4.

3. Requisitos mínimos de solvencia.

a) Solvencia económica e financeira:

Medio: volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos.

Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nun dos tres últimos exercicios que supera a contía de 117.148,76 euros de volume de negocios. No caso de empresas cuxo período de actividade non abrangue os tres últimos exercicios, é necesario presentar a cifra de negocios do período de actividades da empresa, que deberá ser superior en todo caso á contía referida anteriormente, por ano ou fracción de ano acreditado.

O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario está inscrito no dito rexistro e, no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume de negocios mediante o seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b) Solvencia técnica ou profesional:

Medio: relación dos principais servizos ou traballos similares ao obxecto desta contratación, realizados nos últimos cinco anos, que inclúa importe, datas e o destinatario, sexa público ou privado.

Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nos últimos cinco anos a realización de traballos similares ao obxecto deste prego, cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao da súa anualidade media, IVE non incluído.

Considerarase solvente o licitador que acredite a realización de traballos por un importe de 78.099,17 euros, IVE non incluído.

Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse da seguinte forma:

– Cando o destinatario sexa unha entidade do sector público: mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente.

– Cando o destinatario sexa un suxeito privado: mediante un certificado expedido por este ou mediante unha declaración do empresario.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Valor estimado do contrato.

Importe: 156.198,34 euros.

6. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 78.099,17 euros. Importe total: 94.500,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2017: 86.625,00 euros.

Exercicio 2018: 7.875,00 euros.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (de ser o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

2º. Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Cixtec.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Descrición: a data e hora das mesas de apertura de criterios cuantificables mediante xuízo de valor e de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil de contratante e comunicaranse aos licitadores.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios do adxudicatario e serán por conta, como máximo, de 10,82 euros por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable