Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55534

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (272/2016).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 272/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Sonia Muñiz Formigo contra a empresa Miguens 3, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Sonia Muñiz Formigo, fronte a Miguens 3, S.L., parte executada, por importe de 946,63 euros en concepto de principal (desagregado da seguinte maneira: 860,57+10 % de xuros por demora: 86,06 euros), máis otros 94,66 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, máis 200,00 euros en concepto de honorarios de letrado.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e a executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS e os representantes dos traballadores da empresa debedora de conformidade co ordenado polo artigo 252 da LXS.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que poida incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título; a compensación e as débedas non serán admisibles como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta nº 1596 clave 64 N, debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 social-reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Miguens 3, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza