Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 17 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente en relación coa Resolución do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 20 de abril).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces polo servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo secretario xeral para o Deporte.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta secretaría xeral, sita na rúa Madrid, nº 2-4, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Expediente: Resolución do 12 de abril de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 5 de novembro de 2015 pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.

Interesado: Club Ximnasia Rítmica María Barbeito.

NIF: G15803786.

Acto notificado: arquivamento do expediente.