Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de mediación intraxudicial.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

c) Número do expediente: 2016-SESE 22-LU.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24206

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de mediación intraxudicial.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 79341000-6 servizos de publicidade.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOUE: 16.3.2016.

BOE: 23.3.2016.

DOG: 6.4.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e suxeita á regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 272.727,27 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 272.727,27 €. Importe total: 330.000 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 8 de novembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 30 de novembro de 2016.

c) Contratista: Reclam Publicidad, Marketing y Artes Gráficas, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 272.727,27 €. Importe total: 330.000 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza