En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (DOG número 133, do 12 de xullo), e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG número 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coas propostas efectuadas en cada caso por Unións Agrarias-UPA o 22 de novembro de 2016 e pola Confederación de Empresarios de Galicia o 2 de decembro de 2016,
DISPOÑO:
Artigo único
Nomear membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia as seguintes persoas:
Jacobo Feijóo Lamas, en representación de Unións Agrarias-UPA.
Francisco Hipólito Rodríguez, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.
Santiago de Compostela, doce de decembro de dous mil dezaseis
Alberto Núñez Feijóo
Presidente