Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55241

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D/21/2016, do 9 de decembro, pola que se nomea profesora contratada doutora a Ana Belén Barragáns Martínez (PDC-06).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola comisión de selección nomeada para xulgar as probas selectivas da praza de profesor contratado doutor PCD-06 do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar de Marín, convocada pola Resolución D/018/2016, do 3 de outubro (DOG do 10 de outubro), e presentada pola candidata proposta a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a Ana Belén Barragáns Martínez, con DNI 44085043-T, profesora contratada doutora do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar de Marín.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 9 de decembro de 2016

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín