Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican resolucións de recursos de alzada interpostos contra o acordo de concentración parcelaria de Serantes-Niñodaguia 2º sector (Santiso-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentadas as notificacións sen que se puidesen practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica a interesada poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesada

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

María del Pilar Cagide Liñeira

Resolución recurso de alzada

Serantes-Niñodaguia 2º sector

(Santiso-A Coruña)

María del Mar Cagide Liñeira

Resolución recurso de alzada

Serantes-Niñodaguia 2º sector

(Santiso-A Coruña)