Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de construción da rolda leste, treito PO-542 (Ponte Bora-O Pino)-PO-532 (Pontevedra-Ponte Caldelas), acceso a Montecelo e Príncipe Felipe (clave 2016/0113).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 15 de novembro de 2016 relativo ao proxecto de construción da rolda leste, treito PO-542 (Ponte Bora-O Pino)-PO-532 (Pontevedra-Ponte Caldelas), acceso a Montecelo e Príncipe Felipe, promovido pola Deputación de Pontevedra.

Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental