Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 7 de decembro de 2016, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifican as resolucións do expediente sancionador OU-S-6/2016 e dous máis, por infraccións leves en materia de turismo.

Pola presente e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícanselles ás persoas que no anexo se relacionan as resolucións dos expedientes sancionadores OU-S-6/2016 e dous máis, do xefe de Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puideron efectuar.

Os interesados poderán recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1-3º andar, de Ourense.

Contra as ditas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que considere oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, as sancións devirán firmes, e deberán aboar os importes das multas no seguinte prazo: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Ourense, 7 de decembro de 2016

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-6/2016.

Titular sancionado: Ángel González Núñez.

Establecemento: Stop.

Domicilio: Arxentina, 1.

Localidade: A Rúa.

Resolución: 18 de agosto de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros.

Expediente: OU-S-11/2016.

Titular sancionado: Umbelina Rosa Pires.

Establecemento: Shambala.

Domicilio: N-525, As Ferreiras.

Localidade: Riós.

Resolución: 2 de setembro de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: catrocentos (400) euros.

Expediente: OU-S-29/2016.

Titular sancionado: Álvaro Gómez Jardón.

Establecemento: Quinto Pino.

Domicilio: Alexandre Bóveda, 44.

Localidade: Xinzo de Limia.

Resolución: 9 de setembro de 2016.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: douscentos (200) euros.