Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 20 de decembro de 2016 Páx. 55161

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, pola quenda de promoción interna.

Na sesión que tivo lugar o día 12 de decembro de 2016, o tribunal designado pola Orde do 11 de abril de 2015 (DOG núm. 75) para cualificar proceso selectivo convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 xuño) pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso de selección.

Segundo. De acordo co establecido na base II.I.3 da orde da convocatoria, superaron o exercicio aqueles aspirantes que tiveron unha puntuación mínima de quince (15) puntos.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.2.7, concédese un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola cal se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2016

Laura González-Dopeso Portela
Presidenta do tribunal