Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 19 de decembro de 2016 Páx. 55088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se publica a adxudicación de varios contratos de obras.

Para os efectos previstos no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, esta xefatura territorial acorda publicar a resolución pola que se adxudicaron os contratos de obra que se indican:

1. Expediente 2016/10/129. Obra: ampliación do CEIP Mestre Valverde Maio (Mos).

Resolución de adxudicación: 27.10.2016.

Tipo de procedemento: aberto, non suxeito a regulación armonizada.

Adxudicataria: Construcciones Orega, S.L.

Importe: 305.798,76 €.

2. Expediente 2016/10/135. Obra: ampliación de talleres no IES A Cañiza (A Cañiza).

Resolución de adxudicación: 21.9.2016.

Tipo de procedemento: negociado sen publicidade.

Adxudicataria: Xestión Ambiental de Contratas, S.L.

Importe: 229.603 €.

3. Expediente 2016/10/144. Obra: reforma e ampliación do CEIP Laredo (Redondela).

Resolución de adxudicación: 30.9.2016.

Tipo de procedemento: negociado sen publicidade.

Adxudicataria: Construcciones Castro Filgueiro, S.L.U.

Importe: 118.078,24 €.

4. Expediente 2016/10/227. Obra: reforma de pista polideportiva no CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal).

Resolución de adxudicación: 18.11.2016.

Tipo de procedemento: negociado sen publicidade.

Adxudicataria: Cubiertas Pizarras Galicia, S.L.

Importe: 119.038,49 €.

Pontevedra, 28 de novembro de 2016

César Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra