1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.
c) Tipo de contrato: obra.
d) Obtención de documentación e información:
1º. Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:
– Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216.
Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.
– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfonos: 981 95 74 01/27. Fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal.
2º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
2. Obxecto do contrato:
Descrición e lugar de execución: optimización do funcionamento dos bombeos do Temple e A Pasaxe mediante a construción dun sifón na ría do Burgo, Oleiros (A Coruña).
Número de expediente: OH.315.1081.
Orzamento base de licitación: importe neto: 1.760.577,47 euros. Importe total: 2.130.298,74 euros.
Prazo de execución (meses): doce (12).
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría 4 ou grupo E, subgrupo 1, categoría e).
CPV: 45232410-9.
3. Financiamento europeo:
Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «culminar os requisitos da Directiva Marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e Procedementos de Selección de Operación (CPSO) «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas». Unha maneira de facer Europa.
4. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
5. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
6. Requisitos específicos do contratista:
– Clasificación: calquera das exixidas para o contrato.
– Solvencia: só para as empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo non clasificadas en España. Acreditarán a solvencia económica e financeira e a técnica cun importe mínimo de 1.232.404,23 €, mediante a cifra anual de negocios e a relación das obras executadas, respectivamente, nos termos expresados no cadro de características do contrato e na cláusula 6.1.4.1 do prego administrativo.
7. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 16 de xaneiro de 2017.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego administrativo. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que se vai presentar no sobre A.
c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
8. Apertura das ofertas:
a) Descrición: a apertura, a comprobación e a valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.
b) Dirección, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 27 de xaneiro de 2017 ás 9.00 horas e do sobre C na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.
9. Gastos de publicidade: serán por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
10. Outras informacións:
– CPA (codificación do obxecto do contrato): a indicada no cadro de características do contrato.
– Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.
– Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego administrativo.
– Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.
– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
– Expediente anticipado de gasto: esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela se derivan no exercicio correspondente.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia