Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello Pleno, en sesión do 24 de novembro de 2016, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal sobre modificación dos elementos do catálogo B65 en Oleiros e B91 e B92 en Santa Cruz (documento número 14379, do 26 de setembro de 2016).

De conformidade cos artigos 60.6, 7 e 8 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, durante o prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 30 de novembro de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente