Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Venres, 16 de decembro de 2016 Páx. 54832

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 15 de febreiro de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

A Resolución do 15 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, publicada no DOG núm. 41, do 1 de marzo de 2016, recolle, no seu artigo 2, que para a concesión destas axudas se destinará un crédito de cento cincuenta mil euros (150.000 €) con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016. Este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na devandita aplicación.

Ao terse producido remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a outros créditos incluídos no mesmo programa, e toda vez que o crédito inicialmente destinado a esta convocatoria, resultou insuficiente debido ao volume de solicitudes presentadas, cómpre ampliar o crédito inicialmente asignado a esta convocatoria.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 88/2013, do 30 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 15 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, na contía de 75.000 euros na aplicación 04.30.312C.480.0.

Segundo. Esta ampliación non afecta o prazo para a presentación de solicitudes establecido na dita resolución nin o resto do seu articulado.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2016

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración