Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Xoves, 15 de decembro de 2016 Páx. 54805

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de instalación, posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 2016/17.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato do servizo de instalación, posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 2016/17.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 2016017340 (ref. 2427).

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de instalación, posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 2016/17.

c) CPV: 51100000-3 e 50232000-0.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: 12.9.2016, 14.9.2016 e 23.9.2016.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 70.000 euros. IVE: 14.700 euros. Importe total: 84.700 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de novembro de 2016.

b) Data de formalización: 22 de novembro de 2016.

c) Contratista: Creaciones Luminosas, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 68.400 euros. IVE: 13.364 euros. Importe total: 82.764 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis vantaxosa, xa que é a que máis puntos obtivo conforme todos os criterios de adxudicación, de conformidade cos informes técnicos que constan no expediente.

Ourense, 22 de novembro de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde