Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 13 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas en relación coas axudas reguladas na Orde do 29 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro), relativa ao expediente TR341J 2016/45-2 e un máis.

Intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefa territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polas que se acorda non conceder a subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o establecido no artigo 46 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das ditas resolucións, como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselles saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e que contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.

Lugo, 13 de outubro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341J 2016/45-2.

Nome: Santiago Cabañas López.

DNI/NIF: 33558545G.

Último enderezo coñecido: rúa Padre Severino Vega Cid, 7, 1º, 27600 Sarria (Lugo).

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2015).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado que non se cumpren as condicións e os requisitos exixidos na orde de convocatoria.

Data da resolución: 13 de setembro de 2016.

Nº de expediente: TR341J 2016/46-2.

Nome: Alejandro Rodríguez Medín.

DNI/NIF: 33548823B.

Último enderezo coñecido: rúa Insuas, 2, 4º E, 27600 Sarria (Lugo).