Expediente: IN407A 2016/3011-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: recuamento Montero Ríos.
Concello: Santiago de Compostela.
Características técnicas:
LMTS a 20 kV, de 38 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na LMTS existente SNT-803 e final na LMTS existente SNT-803.
Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 15 de novembro de 2016
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña