Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de contratos de obras.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización dos seguintes contratos de obras:

1. Obra de ampliación do CEIP Agro do Muíño de Ames (A Coruña), expediente ED 30/16-O.

1.1. Adxudicataria: Construcciones Delfín Ferreiro Rodríguez, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 283.468,83 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 17 de novembro de 2016.

1.4. Data de formalización do contrato: 23 de novembro de 2016.

2. Obra de reforma interior da cociña no CIFP Compostela, de Santiago de Compostela (A Coruña), expediente ED 32/16-O.

2.1. Adxudicataria: Misturas Obras e Proxectos, S.A.

2.2. Importe da adxudicación: 343.396 € (IVE excluído).

2.3. Data de adxudicación: 17 de novembro de 2016.

2.4. Data de formalización do contrato: 25 de novembro de 2016.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria