Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54530

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo procedemento de concurso de méritos, dun posto de xefe/a de taller do Hospital da Costa.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG nº 76, do 19 de abril), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de concurso de méritos, a provisión do posto que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coas ordes vixentes polas que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Cuarto. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, preferentemente no Rexistro do Hospital da Costa (rúa Rafael Vior, s/n, 27880 Burela), ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 21 de novembro de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de taller do Hospital da Costa.

Nº de vacantes: 1.