Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Mércores, 14 de decembro de 2016 Páx. 54625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de gases medicinais e do mantemento das instalacións e dos servizos de apoio para as ditas subministracións (expediente MI-SER1-16-021).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 881 54 18 27.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 3.1.2017.

d) Número de expediente: MI-SER1-16-021.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto de subministración e servizos.

b) Descrición: subministración sucesiva de gases medicinais e do mantemento das instalacións e dos servizos de apoio para as ditas subministracións.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/7.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 24111500-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Criterios de adxudicación

Puntuación máxima

Lotes

1

2

3

4

5

6

7

Criterios de adxudicación non automáticos

42

42

42

42

42

42

42

Melloras nas estratexias de aprovisionamento de gases

10

10

10

10

10

10

10

Melloras no sistema de óxido nítrico

2

--

2

--

2

1

1

Melloras nos controis de gases

5

5

5

5

5

5

5

Melloras no mantemento de instalacións hospitalarias e CTG (1)

1

5

5

--

--

5

5

Melloras no servizo de apoio á xestión e mantemento de instalacións hospitalarias

5

--

--

5

5

--

--

Outras melloras (cláusula 5.4.3. B punto 3)

19

22

20

22

20

21

21

Criterios de adxudicación automáticos

58

58

58

58

58

58

58

Oferta económica

45

45

45

45

45

45

45

Formación

8

8

8

8

8

8

8

Loxística

5

5

5

5

5

5

5

Total

100

100

100

100

100

100

100

4. Valor estimado do contrato: 24.947.562,62 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 10.394.817,76 euros. Importe total: 11.132.887,66 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica, se é o caso: ver a cláusula 6.6.2 e) e f).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 3.1.2017.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do undécimo día natural, contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, ver a cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22.11.2016.

12. Outras informacións: non.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos