Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, do inicio do prazo para o trámite de audiencia no expediente 23/2016, de modificación do convenio de Orán, do concello de Pol (Lugo).

De acordo co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os posibles interesados do inicio do trámite de audiencia no expediente sinalado no anexo de modificación do convenio de Orán (2717514), do concello de Pol (Lugo).

Dispoñen dun prazo de quince (15) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio para presentar as alegacións, documentos e/ou as xustificacións pertinentes.

O citado expediente está á disposición dos interesados no Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, andar baixo, 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 28 de novembro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 23/2016.

Interesados: titulares das parcelas afectadas polo convenio.

Concello: Pol.

Acto notificado: trámite de audiencia.