Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54344

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de novembro de 2016 pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, define no seu artigo 14 o consello social como o órgano de participación da sociedade na universidade, indica que debe exercer como elemento de interrelación entre a sociedade e a universidade, e remite en canto á súa composición, funcións e designación dos seus membros á lei da comunidade autónoma correspondente.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, regula o consello social de cada unha das universidades públicas que integran o Sistema universitario de Galicia como órganos de participación da sociedade galega nas universidades e impulsan a colaboración entre estas e aquela, mediante a satisfacción polas universidades das necesidades do seu ámbito, contribuíndo eficazmente ao desenvolvemento social, profesional, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia e á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria. Correspóndelle ao consello social de cada universidade a supervisión das actividades de carácter económico da universidade e do rendemento dos seus servizos e promover a colaboración da sociedade no financiamento da universidade, así como cantas outras funcións lle sexan atribuídas pola Lei 6/2013 e a demais normativa aplicable.

O artigo 77 da citada Lei 6/2013, determina a composición do consello social e os procedementos de designación e nomeamento dos seus membros.

Os membros que formaron parte do consello social ao longo do período 2012-2016 cesarán automaticamente na data de publicación desta orde, con excepción dos membros que se renovan pola presente orde.

Neste senso, a Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, procedeu á designación dos representantes que lle corresponden.

Do mesmo xeito, cada unha das institucións e entidades previstas no artigo 77.3 da Lei 6/2013, remitiulle ao Consello Social da Universidade de Vigo, e este á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a comunicación coa designación dos seus representantes así como, en cumprimento do artigo 78 da citada lei, o documento de non incorrer en incompatibilidade.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Facer pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo, para o período 2016-2020, que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade:

– Salustiano Mato de la Iglesia, reitor da universidade.

– Gloria Mª Pena Uris, secretaria xeral.

– Manuel Fernández Jáuregui, xerente.

– José Manuel García Vázquez, en representación do profesorado.

– Ernesto Vázquez-Rey Faro, en representación do estudantado.

– Carlos Mollinedo Lois, en representación do persoal de administración e servizos (PAS).

II. En representación dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

– Xosé Manuel Atanes Limia.

– Javier Casares Mouriño.

– Mercedes Castro Mouzo.

– Jesús Graña Nogueiras.

– Mª Elvira Larriba Leira.

– Natalia Zunzunegui Garrido.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

– Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social.

– Daniel Barata Quintás.

– César Blanco Gómez.

– José Manuel Figueroa Vila.

– Marta Iglesias Bueno.

– Francisco Gustavo Izquierdo Martínez.

– Ana Isabel Vázquez Reboredo.

c) Designados polos sindicatos:

– Emilio Fernández Zunzunegui, por Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO.).

– Mª Elena Añel Cabanelas, pola Confederación Intersindical Galega (CIG).

– Manuel González Piñeiro, pola Unión Xeral de Traballadores (UGT-Galicia).

d) Designados polas organizacións empresariais:

– José Manuel Pérez Canal (Ourense).

– Juan Manuel Piñeiro Rivas (Ourense).

– Javier Garrido Valenzuela (Pontevedra).

– Jorge Cebreiros Arce (Vigo).

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus:

– Yolanda López Fernández (Ourense).

– Mª do Carmen Fouces Díaz (Pontevedra).

– Xulio Calviño Rodríguez (Vigo).

f) Designado pola Asociación de Antigos Alumnos:

– José María Franco García.

g) Designado polos colexios profesionais vinculados coa oferta formativa da universidade:

– Antonio Macho Senra.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria