Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54324

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de prestación do servizo de redacción e control de execución de plans de seguridade e proxectos técnicos das festas do Concello, dividido en dous lotes (expediente 2016/C004/000013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Secretaría.

ii) Domicilio: Praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.es.

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com.

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous (2) días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número do expediente: 2016/C004/000013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizos de redacción e control de execución de plans de seguridade e proxectos técnicos das festas do Concello de Oroso no ano 2017, dividido en dous lotes:

Lote 1: Festa da Xuventude.

Lote 2: Festa da Troita.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: véxase artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria-anticipada.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: véxase o artigo 12 do prego de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación:

a) Lote 1: Festa da Xuventude. Importe neto: 3.000 euros. IVE (21 %): 630,00 euros. Importe total: 3.630,00 euros.

b) Lote 2: Festa da Troita. Importe neto: 6.000 euros. IVE (21 %): 1.260 euros. Importe total: 7.200,00 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 9.000 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: Praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 30 de novembro de 2016

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde