Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-PO-0934/2015-PRE e dous máis.

Tentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Mar, ou ben poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 61 63).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente: PSC-PO-0934/2015-PRE.

Beneficiaria: María Belinda Alonso Pérez.

NIF: 53176466Y.

Enderezo: rúa Sabarís,17, 1º C, 36393 Baiona (Pontevedra).

Trámite: resolución de suspensión condicional.

Nº de expediente: PSC-0422/2016-ACU.

Beneficiario: Ramiro Millán Fragua.

NIF: 35461557L.

Enderezo: Monte, 36, Deiro, 36627 Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Trámite: resolución de suspensión condicional.

Nº de expediente: PSC-PO-0407/2016-PPM.

Beneficiario: Alberto Rodríguez Carneiro.

NIF: 36061482N.

Enderezo: Percibilleira, 4, 1º, 36300 Baiona (Pontevedra).

Trámite: resolución de suspensión condicional.