Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan as interesadas nos expedientes de subvención para o fomento da forestación de terras non agrícolas 11150011/2011 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, os acordos de inicio dos procedementos para declarar a perda do dereito ao cobramento das axudas relativas aos expedientes de subvención 11150011/2011 e 11270050/2011 (Orde do 17 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2011 as axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas).

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que xulguen conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación ás interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se faisconstar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2016 no expediente de subvención núm. 11150011/2011.

Interesada: María Mouzo Mouzo.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lgar. Real, 26, 15124 Muxía (A Coruña).

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da prima de mantemento do ano 2016 no expediente de subvención núm. 11270050/2011.

Interesada: Celsa López Arias.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Rosalía de Castro, 21, 27130 Baleira (Lugo).