Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 15 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO 30/2016 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fose posible efectuar efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior, e logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que constan no anexo, mediante este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n, 36201 Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia del. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Conforme o artigo 114 da Lei 39/2015, as resolucións notificadas son definitivas en vía administrativa, polo que cabe interpoñer, conforme o artigo 123 da Lei do procedemento administrativo común das administacións públicas, o recurso potestativo de reposición, ante o xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, dentro do prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administratrivo na orde xurisdicional correspondente. Conforme o artigo 124 da Lei do procedemento administrativo común das administacións públicas, transcorrido o prazo anterior só se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo e a resolución será inmediatamente executiva, segundo o previsto no artigo 90.3 da Lei do procedemento administrativo común das administacións públicas.

Vigo, 15 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada

(Comercio)

Expediente

Acto

Concello

World Wide Trade Enterprise, S.L.U.

PO 30/2016

Resolución

Vigo

Tienda Krack Outlet Tui

PO 12/2016

Resolución

Tui

E-Moda Náutica España, S.L.

PO 42/2016

Resolución

Vigo

E-Moda Náutica España, S.L.

PO 49/2016

Resolución

Sanxenxo