Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasista para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación da Illa de Arousa (Pontevedra), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2016/26-0).

A respecto da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no núcleo de poboación da Illa de Arousa (Pontevedra), e ante as solicitudes presentadas en concorrencia por dúas empresas (Gas Galicia SDG, S.A. e Primagás Energía Distribución, S.A.), a Dirección Xeral de Enerxía e Minas resolveu, con data do 18 de xullo de 2016, o trámite de competencia a favor de Gas Galicia SDG, S.A., o que implica continuar coa tramitación do procedemento de autorización administrativa unicamente con esta empresa.

Polo tanto, e para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regulan o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF nº A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución que leva por título «Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións –Planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) e extensión de rede en MOP 2 bar para subministración á Illa de Arousa (Pontevedra)».

Descrición das instalacións:

Segundo consta neste proxecto, a subministración de gas natural realizarase desde a planta de GNL que se situará na parcela de referencia catastral 36062A033012030000MO (polígono 33, parcela 1203, Formigas, termo municipal da Illa de Arousa), e que disporá das seguintes características xerais: capacidade de almacenamento de GNL de 30 m3 (cun depósito horizontal); capacidade de regasificación de 326 m3(N)/h; e presión de subministración de gas natural de 2 bar.

A rede de distribución proxectada, que se circunscribe ao núcleo urbano da Illa de Arousa, realizarase no rango de presión MOP = 2 bar, en tubaxe de polietileno PE-100 SDR 17,6/SDR 17, e estará constituída por unha rede principal que partirá da citada planta de GNL (en diámetro de 160 mm) e unha rede secundaria que partirá da rede principal e se ramificará polas distintas rúas do núcleo urbano (en diámetros de 110, 90 e 63 mm). A lonxitude total da rede de distribución será de 18.192 m.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal da Illa de Arousa, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: oitocentos oitenta e dous mil cento noventa euros con setenta e seis céntimos (882.190,76 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, e examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, andar 4ª, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, r/ Fernández Ladreda, 43, 5º, 36071 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas