Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53992

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (342/2014).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 342/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime Torres Vigo contra APV Motor, S.A. e o Servizo Público de Emprego Estatal, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Acordo:

– Admitir a demanda presentada en Seguridade Social.

– Citar as partes para que comparezan o día 23.3.2017, ás 10.35 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese ás partes que, en caso de non compareceren nin alegaren causa xusta que motive a suspensión do acto de xuízo, poderá ter o xuíz ao demandante por desistido da demanda e, se se trata do demandado, non impedirá a celebración do acto de xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS:

Tense por presentada a documentación que acompaña a demanda, únase aos autos da súa razón, sen prexuízo da cal deba propoñela a parte no acto de xuízo como medio de proba do que intentará valerse.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a ou representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demadnante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Cítese a demandada APV Motor, S.A., por edictos xa que está en ignorado paradoiro.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a APV Motor, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza