Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53945

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de outubro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2016 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Advertido erro na Orde do 28 de outubro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2016 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 218, do martes 15 de novembro de 2016, procédese a realizar a seguinte rectificación:

Na páxina 50.383, artigo 17, punto 2, letra b, onde di: «...as xefaturas do Servizo de Mercados da Consellería do Mar de cada unha das xefaturas territoriais», debe dicir: «...as xefaturas dos servizos de Competitividade e Innovación Tecnolóxica das xefaturas territoriais da Consellería do Mar».

A publicación da presente corrección de erros non modifica o prazo de presentación de solicitudes sinalado no artigo 13 da citada Orde do 28 de outubro de 2016.