Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración, instalación e posta en funcionamento de guindastres de mobilización de persoas para diversos centros desta consellería (expediente 18/2016).

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do acordo marco e dos contratos que se relacionan a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 18/2016.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración, instalación e posta en funcionamento de guindastres de mobilización de persoas para diversos centros da Consellería de Política Social.

c) División por lotes:

Lote 1: guindastres pasivos. Guindastre de elevación: 32.

Lote 2: guindastres activos. Guindastres de bipedestación: 15.

d) CPV: 42410000-3 equipamentos de elevación e manipulación.

CPA: 28.22 maquinaria de elevación e manipulación.

e) Acordo marco: non.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Política Social.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Data de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG): 26 de abril de 2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: douscentos tres mil oitocentos cincuenta e catro euros (203.854,00 €).

O valor estimado por lote é o seguinte:

Lote 1: guindastres pasivos. Guindastre de elevación: 145.024,00 €.

Lote 2: guindastres activos. Guindastres de bipedestación: 58.830,00 €.

5. Formalización dos contratos dos dous lotes:

a) Data de formalización dos contratos: 11 de xuño de 2016.

b) Contratista:

Lote 1: Getinge Group Spain, S.L.U.

Lote 2: Karinter 94, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: cento trinta e sete mil douscentos oitenta euros (137.280,00 euros) IVE incluído.

Lote 2: cincuenta e un mil oitocentos noventa e dous euros con cincuenta céntimos, IVE incluído (51.892,50 euros).

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social