Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53978

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SSS 113/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de seguridade social 113/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Alejandro Grandal Pazos contra a empresa Cym Lérez, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Asepeyo, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución desestimo a demanda formulada por Manuel Alejandro Grandal Pazos fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Asepeyo e Cym Lérez, S.L., e absolvo os demandados da pretensión dirixida fronte a eles.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cym Lérez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza