Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2016 pola que se fai pública a formalización da contratación suxeita á regulación harmonizada para a adquisición de equipamentos de excarceración para tarefas de rescate por parte dos servizos de emerxencias, cofinanciada nun 80 % polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 05, prioridade de investimento 05.02, obxectivo específico 05.02.01, liña de actuación 40: dotación de equipamento, instalación e infraestruturas de protección civil destinadas á prevención e xestión de riscos derivados de catástrofes naturais e fenómenos relacionados co clima.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=36920

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.16.SU.086.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: 8 equipamentos de corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións (excarceración) para tarefas de rescate.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 35112000-2.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 116, do 20 de xuño; BOE núm. 150, do 22 de xuño, e enviado ao DOUE o 14 de xuño de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto, atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 297.520,66 €; importe total: 360.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 30 de setembro de 2016.

b) Data de formalización: 24 de outubro de 2016.

c) Adxudicataria: Incipresa, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 288.505,45 €; importe total: 349.091,60 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias