Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53898

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos afectos á fase 2 do tramo sexto da rolda interior entre a estrada de Laza e a estrada de Vences.

A Xunta de Goberno local, en sesión do 28 de novembro de 2016, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos afectos á fase 2 do tramo sexto da rolda interior, entre a estrada de Laza e a estrada de Vences, de conformidade co previsto no Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Verín, aprobado definitivamente o 7 de decembro de 2012, aprobar o gasto por importe total de 20.499,80 euros e realizar as publicacións e notificacións regulamentarias.

Segundo o disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente exponse ao público durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior circulación da provincia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. Deberán achegar a documentación acreditativa do seu dereito no dito prazo e poderán achegar os ditames periciais que xulguen pertinentes.

O expediente pódese consultar no Concello de Verín.

Para xeral coñecemento, e para os efectos das alegacións oportunas no dito prazo, exponse a seguinte relación de bens e dereitos para expropiar:

Relación de propietarios e bens afectados

Predio

Propietario

Expropiación

Exp.

Catastro

Nome

Afección

m2 s.

Clasificación PXOM

Ref. cat.

Polígono

Parcela

II-1

9248202PG2495S

92482

02

Darío Gago Guerra

62,82

SRUS

II-2

9248203PG2495S

92482

03

Rosa e Dolores Pérez Lamas

46,01

SRUS

II-3

9247207PG2494N

92472

07

José Giraldo Soutelo

383,81

SRUS

II-4

32086A01000085

010

00085

Dolores David Soriano, Teresa e María Luisa Giraldo David

209,46

SRUS

II-5

32086A01000036

010

00036

Cándida Giraldo Soutelo

429,55

SRUS

II-6

32086A01000035

010

00035

Juan Jiménez Castro

564,67

SRUS

II-7

9350901PG2495S

93509

01

Parcela incluída no exp. expropiación 1ª fase do parque paseo Preguiza

705,80

SRUS

II-8

32086A01100023

011

00023

Criserinca, S.A. e Loyma, S.L.

1.562,51

SRUS

II-9

9449903PG2495S

94499

03

Criserinca, S.A. e Loyma, S.L.

542,89

SRUS

Predio

Expropiación

Exp.

Catastro

Ben afectado

Medición catastral

Ref. cat.

Polígono

Parcela

II-8

32086A01100023

011

00023

Pé de árbore porte medio

1,00 ud

II-8

32086A01100023

011

00023

Pé de árbore porte pequeno

3,00 ud

II-9

9449903PG2495S

94499

03

Peche de bloque

15,96 ml

II-9

9449903PG2495S

94499

03

Portal peonil

1,00 ud

A presente notificación producirá os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para todas aquelas persoas interesadas ás cales non se lles puidese efectuar a notificación ou resulten descoñecidas no expediente.

Verín, 28 de novembro de 2016

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde