Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Ribeira.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Emprego Autónomo da Secretaría Xeral de Emprego están depositados os estatutos da Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Ribeira, da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: concello de Ribeira.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: representar os intereses dos comerciantes e profesionais da praza de abastos de Ribeira.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da asociación todos aqueles comerciantes autónomos e profesionais que desenvolvan a súa actividade dentro da praza de abastos de Ribeira.

Asinantes da acta de constitución: Benardino Mariño Fernández, Mónica Luna Domínguez, Pablo Patiño Oubiña, Alicia Sofía Dios Vilas, Mª Beatriz Maneiro Davila, Mª Luisa Fernández Otero, Damián Sampedra Fernández, Virtudes Iglesias Martínez, Guillermo Martínez Sieira, Juan Carlos Falque Tapias, Mª Teresa Domínguez Caamaño, Milagros Martínez Domínguez e Malbina Triñanes Calo.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego