Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53850

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 17 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2016-0164 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial e polo instrutor.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, número 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 17 de novembro de 2016

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2016-0164.

Interesado: José Manuel Rodríguez Rozas.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: CO-RES-2016-0167.

Interesada: Ganadería Cazuín, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución.