De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 14 de novembro de 2016, do proxecto de conducións xerais e nova EDAR de Foz, no concello de Foz (Lugo), promovido por Augas de Galicia.
Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental