Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 24 de novembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada con relación a unha reclamación previa á vía xurisdicional social.

Con data do 3 de novembro de 2016, o director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda ditou resolución sobre reclamación previa á vía xurisdicional social formulada o 22 de xullo de 2016 por María Nieves Álvarez Crespo contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 1 de xullo de 2016 que declaraba extinguida a súa relación laboral coa Administración da Xunta de Galicia.

Logo de tentar, dúas veces, a notificación da citada contestación a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo, por non retirado tras dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio, notifica a María Nieves Álvarez Crespo a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1, 3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública