Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2016 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do desenvolvemento de dúas aplicacións informáticas relacionadas coa simulación térmica de edificios en contorna trnsys (expediente 322/16, 2 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia, servizos centrais, Campus Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 322/16 (2 lotes).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: desenvolvemento de dúas aplicacións informáticas relacionadas coa simulación térmica de edificios en contorna trnsys (2 lotes).

c) División por lotes e número de lotes: 2 lotes.

I. Lote 1: visor 3D.

II. Lote 2: plataforma multisimulación.

d) Lugar de execución/entrega: non procede.

e) Prazo de execución: 14 meses. Lote 1. Fase 1: 4 meses a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato. Comprende as tarefas 1 e 2, cos seus correspondentes entregables 1 e 2. Fase 2: 10 meses a partir do día seguinte á conclusión do prazo de execución da fase 1. Comprende as tarefas 3, 4 e 5, cos seus correspondentes entregables 3, 4 e 5. Lote 2. Fase 1: 4 meses a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato. Comprende as tarefas 1 e 2, cos seus correspondentes entregables 1, 2 e 3. Fase 2: 10 meses a partir do día seguinte á conclusión do prazo de execución da fase 1. Comprende a tarefa 3, co seu correspondente entregable 4.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 72200000-7 servicios de programación de software e de consultoría.

CPA: 62.01.11.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1. Calidade da oferta económica: 50 puntos.

2. Oferta económica: 50 puntos, segundo os subcriterios indicados no apartado 16 da folla resumo de características do prego.

4. Orzamento base de licitación:

I. Lote 1. Importe neto: 93.328 €. Importe total (IVE incluído): 19.598,88 €.

II. Lote 2. Importe neto: 56.824 €. Importe total (IVE incluído): 11.933,04 €.

5. Valor estimado do contrato: 150.152 €.

6. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional; a que se indica respectivamente nos apartados 12 e 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

– Outros requisitos específicos: os indicados no apartado 14 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia, servizos centrais, planta baixa. Praza de Erasmo, s/n. Campus Lagoas, Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo, 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres C na sala de xuntas de xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia, servizos centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus Lagoas, Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente 1.300 €.

Vigo, 25 de novembro de 2016

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo