Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53683

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 816/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 816/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lourdes Pose Martínez contra a empresa Carreiras Coruña, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza:

A Coruña, 9 de novembro de 2016.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 816/2014, en que foron parte, dun lado, como demandante, María Lourdes Pose Martínez, representada polo letrado Fabio Abad Díaz e, como demandados, Carreiras Coruña, S.L. e Fogasa, que non comparecen malia estaren citados en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, no nome do Rei, a seguinte sentenza:

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta pola demandante María Lourdes Pose Martínez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Carreiras Coruña, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.457,58 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carreiras Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza