De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta secretaría xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 2º andar, Santiago de Compostela, 15781 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
ANEXO
Expediente: LU-RES-2016/063.
Interesado: Segar Viorel Marin.
Acto notificado: resolución.