Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53604

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2016 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración do vestiario do persoal das escolas infantís xestionadas por este organismo e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia (contratación documentalmente simplificada) (lotes 1 e 2).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/005/16/SU/EI.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: contratación da subministración do vestiario do persoal das escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia.

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: sesenta (60) días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento de licitación:

Lote 1: 110.503,25 €.

Lote 2: 25.394,88 €.

Importe total: 135.898,13 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación para cada lote).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Teléfono de información: 981 56 87 05.

e) Telefax: 981 56 88 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org

7. Requisitos específicos do/da contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

c) Solvencia técnica: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do 10 de xaneiro de 2017.

b) Documentación que se debe presentar: a que figura na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra R da folla de especificacións. Debe figurar no exterior dos sobres o CIF de quen licita. No caso de tratarse de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: ver o prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: rúa Amor Ruibal, nº 30-32, baixo.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio, o 17 de xaneiro de 2017, ás 10.00 horas, e a do sobre C na data e na hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicarase no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.

10. Outras informacións:

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil do contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizarase con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil do contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios da presente licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar