Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública un expediente de modificación de contrato de xestión de servizo público regular de transporte de viaxeiros de uso xeral.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes, e no seu regulamento de execución, aprobado por Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iníciase o expediente de modificación do seguinte contrato de xestión de servizo público regular de transporte de viaxeiros de uso regular:

– V-7074; XG-448, A Coruña-Fisterra, de titularidade da Compañía Metropolitana de Transportes de Coruña, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Ardá, 4) efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de novembro de 2016

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña