Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de planta de xestión de residuos da construción e demolición na parroquia de Sísamo, concello de Carballo (clave 2016/0003).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 14 de novembro de 2016 relativo ao proxecto de planta de xestión de residuos da construción e demolición na parroquia de Sísamo, concello de Carballo, provincia da Coruña, promovido pola empresa Construcciones Ramón Vázquez y Reino, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental