Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 7 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se dá publicidade a varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co artigo 23.3 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, dáse publicidade ás seguintes resolucións:

1. Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se outorga a autorización ambiental integrada número 2015-IPPC-I-42-300.

Instalación: planta de transferencia de residuos

Trámite: autorización ambiental integrada

Titular: Ingaroil, S.L.

Expediente número: 2015-IPPC-I-42

Localización: concello de Lugo

Data: 22.2.2016

2. Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada número 2015-IPPC-I-84-304.

Proxecto: ampliación de granxa de polos de ceba

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: David Rodríguez Parada

Expediente número 2015-IPPC-I-84

Localización: concello de Baltar

Data: 3.10.2016

Estas resolucións pódense consultar no seguinte enlace http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada e/ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental