En virtude da Orde do 28 de xullo de 2016 (DOG núm. 156, do 19 de agosto) fíxose pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición no proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co segundo parágrafo da base 16.7 da Orde do 4 de abril de 2016, a renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas dará lugar a que se declare aprobada a persoa que, se é o caso, corresponda conforme os criterios establecidos nesta base.
Unha vez presentada a renuncia por un dos aspirantes incluído na Orde do 28 de xullo de 2016 e de acordo coa base 16.7 da Orde do 4 de abril de 2016, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro
Aceptar a renuncia presentada polo aspirante Rubén Ansoar Varela, DNI 44465785T, ao proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de abril de 2016 de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de Educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 74, do 19 de abril).
Segundo
Declarar que superou o dito proceso selectivo o aspirante Carlos Alberto Bacelo López, DNI 32690348B, de acordo coa relación elaborada polo tribunal nº 2 da especialidade de Educación Física do corpo de profesores de ensino secundario (590017) ao abeiro da base 16.8 da Orde do 4 de abril de 2016 e cunha puntuación final de 5,5669 no concurso oposición.
Terceiro
Nomear funcionario en prácticas a Carlos Alberto Bacelo López con efectos administrativos desde o día 15.9.2016 e adxudicarlle destino provisional na especialidade de Educación Física do corpo de profesores de ensino secundario (590017) no IES Río Cabe de Monforte de Lemos (código 27007259) con efectos desde a súa toma de posesión.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria