1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Universidade da Coruña.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.udc.gal/contratacionadministrativa
Número de expediente: 2016/4008 (2 lotes).
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizos de asistencia técnica externa de desenvolvemento para o Campus Industrial de Ferrol (2 lotes). Lote 1: servizo de asistencia técnica especializada para as tarefas de apoio, seguimento e avaliación continuada do Plan estratéxico e do Programa de necesidades funcionais do Campus Industrial de Ferrol. Lote 2: servizo de apoio na execución de actividades de potenciación da relación industrial, posicionamento e proxección exterior do Campus Industrial.
c) Lote (se é o caso): si, 2 lotes.
d) CPV (referencia de nomenclatura): 79421200-3/71356200-0.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.
f) Data de publicación do anuncio de licitación: 25.8.2016.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 153.719 euros. Lote 1: 99.173,55 euros. Lote 2: 54.545,45 euros. Importe total: 186.000 euros. Lote 1: 120.000 euros. Lote 2: 66.000 euros.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 30.9.2016.
b) Data de formalización do contrato: 17.10.2016.
c) Contratista: Estrategia y Organización, S.A.
d) Importe de adxudicación. Importe neto: 100.259,51 euros. Lote 1: 59.404,96 euros. Lote 2: 40.854,55 euros. Importe total: 121.314 euros. Lote 1: 71.880 euros. Lote 2: 49.434 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a maior puntuación, de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.
A Coruña, 16 de novembro de 2016
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña