Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53434

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2016 pola que se anuncia a licitación para a contratación, polo procedemento aberto e documentalmente simplificado, do servizo para a realización de ensaios de control de esterilidade e análises da contaminación microbiana dos radiofármacos fludesoxiglicosa (FDG) e fluorocolina (F-COL) fabricados na Unidade de Radiofármacos PET de Galicia (Ciclotrón), e para o control microbiolóxico de salas brancas (expediente AB-GLR1-16-026).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento Económico-Administrativo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde, San Lázaro, s/n, 3ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4º. Teléfono: 981 57 76 50.

5º. Telefax: 986 81 11 99.

6º. Correo electrónico: odilo.garcia.rivela@serga.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: poderanse recoller ata o último día de presentación das proposicións.

d) Número de expediente: AB-GLR1-16-026.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para a realización de ensaios de control de esterilidade e análises da contaminación microbiana dos radiofármacos fludesoxiglicosa (FDG) e fluorocolina (F-COL) fabricados na Unidade de Radiofármacos PET de Galicia (Ciclotrón), e para o control microbiolóxico de salas brancas.

c) División por lotes/partidas e número de eles/elas: non.

d) Prazo de execución: dous anos.

e) Admisión de prórroga: si. Máximo de dous anos.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 71610000-7.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver número 6.4 do prego de condicións xurídicas.

4. Valor estimado do contrato: 160.472,16 € IVE non incluído.

5. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 80.236,08 €.

b) Orzamento con IVE: 97.085,76 €.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % importe de adxudicación (excluído o IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de condicións xurídicas.

b) Solvencia técnica: ver o prego de condicións xurídicas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día que se sinale no perfil do contratante.

b) Documentación a presentar: ver o prego de condicións xurídicas.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde-3ª planta. San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: segundo o establecido no artigo 161 do TRLCSP.

f) Outras informacións: toda información relativa ao expediente se fará pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: no lugar, día e hora que se estableza no perfil do contratante www.sergas.es

b) Enderezo: Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde, San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Ver pregos de condicións xurídicas.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2016

María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.