Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 10 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha notificación dunha resolución de expediente tramitado por esta entidade (expediente 2003/281-5).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado, a persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas.

Nº expediente: 2003/281-5.

Interesada: Marlene Alonso Bouza.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: continuación de tutela pública e modificación de garda.

Vigo, 10 de novembro de 2016

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo