O Pleno do Consello de Contas de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 8.i) do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas acordou, en sesión do día 23 de novembro de 2016, que cese, por petición propia e con efectos desde o día 30.11.2016, Isabel Torralba Mena como secretaria xeral do Consello de Contas, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016
José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia