Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53170

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de corrección de erros do anuncio de licitación (expediente As-61/2016).

Modifícase o prazo de presentación de ofertas ao procedemento relativo ao servizo de desenvolvemento do programa de atención de baixa exixencia para persoas sen teito que fomente a igualdade entre homes e mulleres, debido a cambios nos pregos administrativos e técnicos que o rexen.

Prazo de presentación de proposicións: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte.

A Coruña, 24 de novembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director da Área de Economía, Facenda e Administración